1ª Edición, Febrero 2017
Editora Andavira
SINOPSIS
A auga foi dende sempre un dos remedios máis buscados
para recuperar a saúde, non só polas suas cualidades naturais,
senón tamén polas súas virtudes máxicas que, en moitas comunidades
europeas (incluida Galicia), todavía se lle conceden. A auga
das chamadas fontes santas, e tamén a dos ríos, continúa congregando
a multitudes en determinadas datas do ano, atraídos pola
fama lendaria dos seus poderes miragreiros, polos relatos tradicionais
de seres imaxinarios ós que se lles atribúen a súas propidades
salutíferas e incluso fertilizantes, e pola devoción que todavía se lle
adica a grande familia de santos e virxes, á que están consagradas a
gran maioría de fontes santas.