Política e Economía da Unión Europea
1ª edición, 2017
Universidad de Vigo
SINOPSIS
As características do proxecto europeo apuntan á necesidade de coñecelo e interpretalo correctamente, tanto para os alumnos universitarios, como para calquera outra persoa que se interese polo noso futuro común. O libro aquí presentado ten como obxectivo ofrecer ao lector unha visión, breve pero con rigor, do funcionamento da Unión Europea desde unha perspectiva multidisciplinar, achegando un enfoque político e institucional, unido ao encadramento económico, coa finalidade de facilitar as claves básicas para comprender e interpretar as principais actuacións comunitarias.